Unha aula para os máis pequenos se iniciaren no mundo da música a través da expresión corporal e mediante o achegamento a conceitos musicais básicos (coma ton, timbre, volume e intensidade, etc...), mais tamén mediante a aprendizaxe de xogos e cancións infantis tradicionais.
Para que o alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación primaria (6-10 anos) afonde nos conceptos fundamentais da música, perfeccione as súas destrezas interpretativas e a lectoescritura musical e coñeza en profundidade os instrumentos e especialidades que se imparten na Escola de Trépia coa fin de poder decidir por cal delas lle gustaría decantarse.
A través de xogos con instrumentos musicais, obxectos e ruidos que emitimos co noso corpo estimulamos e adestramos auditivamente ás crianzas para facilitar a súa aprendizaxe e expresión musical.
Ritmo
Patróns rítmicos
Sempre con xogos, traballamos o tempo interno e os patróns rítmicos que podemos atopar na música galega.
Canto
Xogos vogais e cancións
Mediante onomatopeias, xogos vogais e cancións tradicionais experimentamos coa nosa voz e aprendemos a sacar o máximo partido a este instrumento.
Instrumentos
Exploración
Aprendemos os rudimentos de instrumentos da música tradicional galega: pandeireta, pandeiro, cunchas, culleres, tambor, bombo, gaita, acordeón diatónico.
Lectoescrita
Material didáctico
Mediante material didáctico atractivo para as crianzas aprendemos a ler e escribir música.
Corpo
Iniciación ao baile tradicional
Facemos exercicios de movemento corporal natural e iniciación ao baile tradicional galego.
Performance
Intervencións musicais en público
Preparamos intervencións musicais en público coa fin de aprender a superar medos e complexos e afianzar a autoestima e as relacións sociais das crianzas.
Lembra:
Organizarán-se dúas quendas segundo idades (de 3 a 7 anos) que funcionarán como aulas unitárias na que @s cativ@s poderán experimentar en grupo cos instrumentos e ritmos da música tradicional, à par que desenvolven a súa musicalidade.
Como podes facer para matricularte
Tes que saber que as prazas son limitadas para axudarnos a garantir unha calidade e atención dedicada.
O mantemento desta aula é de 30€, tamén é importante que os pais vos fagades socios.
Se precisas de máis información podes escribirnos ou pasarte polo horario de visita da escola os martes 19:00 a 20:00 segundo andar, estaremos encantadas de atenderte.