A solicitude de praza fai-se a través do formulário de inscrición que atoparás nas seccións de cada aula na web Trépia. Se o completas correctamente, recibirás un email co resumo do que marcaches no formulário.
Unha vez rematen os prazos de inscrición, a A.C. Trépia enviará-che outro mail cos horários definitivos das aulas nas que te inscribiras, e dous documentos anexos: a ficha de inscrición na escola e a ficha de sóci@.
Finalmente, para confirmar a tua inscrición, deberás entregar a ficha de inscrición con todos os datos cubertos (incluíndo os teus datos persoais e bancários para a domiciliación das cuotas mensuais do curso), dentro do prazo que se indique no mail.
Se ademais queres asociar-te e desfrutar dos descontos nos cursos, deberás entregar tamén a ficha de sóci@.
Podes entregar este(s) documento(s) ao/à profesor/a na primeira semana de clase.