Skip to main content

Desde o ano 2010

CICLO DAS LABRADAS

PONTEVEDRA

Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas (meses de abril e maio).

Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como Luís Prego, Carlos Álvarez ou Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.

Atalora ten-se convertido xa nun evento afianzado na cidade, e unha referencia entre os eventos da música tradicional da contorna na que cada vez participan máis grupos e escolas.

FOTOS

VIDEO

HISTORICO

AÑA DE ABOAL

Recolleita 2003
Guillerme Ignacio e Xandre Outeiro, que deu pé á organización das primeiras edicións da Aña Urbana en Pontevedra -a cargo da Asociación O Tear de Llerena, prévias á fundación de Trépia.
en proceso

Engadir un novo arquivo

Abrese a posiblidade de engadir novas fichas relacionadas coa aña. Se estas interesado podes enviarnos a tua, e con gusto xuntaremos co resto de arquivos.

TÉS UN GRUPO

E QUERES PARTICIPAR?

Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes cubrir o formulário de inscrición clicando no botón de abaixo.
O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo), mais desde Trépia deixamos á vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou de rua, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras...