Presenta o teu proxecto
O que valoramos
Temporalización
Contidos
Espazos
Dispoñemos de duas amplas aulas con capacidade para 11 e 9 persoas respectivamente (atendendo aos protocolos ánti-covid), con ventilación e extracción axeitada, pizarras e equipo de son e proxector; e tamén dun amplo salón de baile - sala multiusos con piso de madeira e espellos, perfecto para actividades de danza ou mesmo proxectos escénicos, dada a grande amplitude. Ademais, na Cultural de Trépia existe unha cociña e outras estáncias que poden ser empregadas para obradoiros de calquera tipo.
"A Cultural" de Trépia está na periferia da cidade, na zona de Mollabao, inda que a pouca distáncia ao centro de Pontevedra fai que sexa facilmente accesíbel a pe, en bicicleta ou mesmo en automóvil (dispoñemos de amplas zonas cercanas de aparcadoiro).
Ubicada na antiga cultural de Salcedo, trata-se dun edifíco con história na cidade, onde durante moitos anos se celebraron bailes e eventos de todo tipo. Recentemente, na A.C. Trépia comezamos a xestionar o espazo, co cal estamos aínda en proceso de acondicionamento e adaptación às necesidades actuais.
Se tes dúbidas, convidamos-te a vir a coñecer de primeira man o local, aínda que no teu proxecto podes incluir -en princípio- so unha referéncia do espazo que precises e as necesidades técnicas básicas.