Skip to main content

Factoria de proxectos

O método de traballo a partir de proxectos permite-nos unha grande variabilidade nas producións da Asociación. Cada asociad@ pode facer propostas na Asemblea Xeral que, unha vez aprobadas, se desenvolverán conforme a un calendário de aplicación coa asisténcia da Xunta Directiva. A A.C. Trépia pon a dispor dos proxectos a plataforma de difusión e o soporte administrativo necesário, e @s sóci@s poden facilmente dar saída às suas propostas artísticas, didácticas ou de difusión.

Proxectos

PROGRAMA DE COLABORACIÓN

Os proxectos da asociación van-se producindo a medida que conseguimos os requisitos económicos e funcionais.
Para acelerar estes procesos decidimos abrir mecanismos de financiamento, tanto para persoas a título individual como para organismos públicos ou privados que queiran contribuir.

XERAR CONTIGO EN GALEGO

Novas fórmulas para a cultura e o folclore

Temos un tecido sócio-cultural e lingüístico único, e sabemos cal é o noso obxectivo:

Garantir a sua transmisión e acadar a máxima difusión posíbel.

Dende a Asociación creou-se un departamento onde se traballa a viabilidade de todos os proxectos, tanto a sua parte económica coma o plantexamento da produción final. 

ESCOITA!

Spotify parar parar un tren!

Nos nosos perfis de SoundCloud e spotify poderás atopar desde recolleitas do arquivo a gravacións que fomos facendo coas nosas versións de temas tradicionais, explorando diferentes posibilidades.

Horas de Trépia para escoitares.