INFINITUM
Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo.
A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas.
Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.