Skip to main content

Tecnica Vocal
- iniciación -

Xornadas de formación A.C Trépia
Agradecementos moitisimo
a túa asistencia esperamovos na seguinte

XELA CONDE FERNÁNDEZ

Dirixido a todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

Profesor de Baile

Coordinadora, maestra en O Fiadeiro, Escola Municipal de música tradicional e fok de Vigo, Tradescola (Lugo), Sondeseu

Contido do monográfico

A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz.
A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …)
E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

Descubre o programa de monográficos da asociación.