Skip to main content

Nadal en Trépia

Pois! Para despedirmos este ano raruno, velaí vai este primeiro experimento n'aCultural: un belén que nos montamos co profesorado e alumnado da escola Trépia, cos médios máis punkis que puidemos e poñendo os procesadoriños a mil por hora... :) Iso si, un temazo de "nadal-en-trépia" que tiñamos gardado da Festa da Xiada que non puido ser o ano pasado... Incríbel traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico -incondicional- de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!.
Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Este tema parte dun cantar de nadal recollido por Anaïs Barbier a veciñas de Soutelo de Montes, e para o que ela mesma fixo un arranxo de vozes bulgarófilas maravillosas. Completamos cunhas programacións e zanfonas de Xandre Outeiro, acompañamento de harpa de Rói Earan, e os aportes doutras seccións instrumentais da escola, e voilá!
Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!

Mil grazas! Virán máis, estade atentas!

FELIZ ANO NOVO