Ciclo das labradas

Ciclo das labradas

Aña de Aboal

Aña de Aboal

Ciclo das labradas

Desde o ano 2010 a Asociación Cultural Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas (meses de abril e maio).

Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como Luís Prego, Carlos Álvarez ou Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.

Atalora ten-se convertido xa nun evento afianzado na cidade, e unha referencia entre os eventos da música tradicional da contorna na que cada vez participan máis grupos e escolas.