Cantares e danzas de reis

Cantares e danzas de reis

Existe en Galiza (e noutros lugares de Europa) unha tradición parella a outras tradicións locais, que actualmente se deu en chamar “danzas brancas”.
Reciben este nome unha serie de danzas vencelladas a celebracións ao longo do ciclo do ano (principalmente desde o solstício de inverno até a primavera) cuns trazos comúns.
A utilización de vestimentas de cor branco (enaguas, camisas de liño....).
A utilización de complementos como adornos florais, mantóns rameados, etc...

Unha execución coreográfica, en maior ou menor medida (entendendo por coreográfica unha serie de movementos, cruces, incluso puntos do baile pre-fixados; deixando pouca marxe para improvisación –ao contrario que na danza tradicional habitual-).

  • SOBRE AS DANZAS SOBRE AS DANZAS

    Temos danzas brancas de distinto tipo, clasificando-se polo xeral en danzas de castañolas, de paus, de arcos, e de fitas (inda que tamén atopamos danzas de espadas, e doutros tipos locais). De todas elas existen versións con improvisación nos puntos (un guía saca o punto, inda que normalmente son puntos “pre-establecidos” para esa danza); e outras sen ela (todos os danzantes executan os puntos nunha orde determinada, á vez).

    Danza de castañolas: os danzantes executan a coreografía con castañolas adornadas con cintas de cores, levantando e baixando os brazos para que as fitas “voen”.

    A formación de danzantes é por parellas en ringleira, ao xeito dos outros bailes tradicionais; e atopamos distintas particularidades dependendo da tradición local. Asi, por exemplo, nas danzas de castañolas de Riofrio (Mondariz), os danzantes executan un saúdo cara ao público e cara ás parellas, inclinando-se cara a diante. O ritmo deste saúdo marca o tempo da música que executan (gaita e bombo), repetindo voltas da melodía que introducen variacións contínuas até que o primeiro bailador marca os cambios de parte e de punto.

    Danza de paus: Cada danzante leva dous paus cos que vai marcando o ritmo, petando un contra o outro. Tamén se petan os paus entre os danzantes, existindo versións máis ou menos complicadas dos movementos. Danza de arcos: Cada danzante leva un arco de bímbio adoviado con lazo de cores, executando “paseos” por baixo dos arcos (cando cada danzante leva un extremo do arco).
    Danza de fitas / espadas: As versións con cintas de lazo semellan ser unha versión simplificada da danza de espadas (Cada danzante leva un extremo do lazo, trazando liñas rectas sobre as cabezas dos/as bailadores/as.). As espadas son máis habituais en danzas gremiais vencelladas a un santo patrón.
    Danza de pau de fitas: Nun pau duns 2m. de alto colocan-se cintas de cores. Cada danzante sostén un extremo, situando-se en sentidos opostos nunha roda arredor do pau. Van danzando, alternando a persoa que se cruzan na roda –unha vez polo lado esquerdo, outra polo direito-. O resultado é unha trenza de lazos de cores tecida arredor do pau.
    Cando o lazo chega o mais baixo posíbel, cambia-se o sentido do movemento para “destrenzá-lo”. Unha persoa suxeita o pau, e é a encargada de mandar os avisos ao gaiteiro para comezar e parar os dous movementos.
  • SOBRE A VESTIMENTA SOBRE A VESTIMENT

    Adoita-se levar a “roupa interior” do traxe tradicional –cando menos nun principio, xa que hoxe perviven algunhas danzas que nunca se deixaron de facer e, como é lóxico, a vestimenta foi evolucionando a cada etapa histórica-.

    Nalguns lugares houbo un tempo no que as mulleres tiveron prohibido bailar estas danzas, pero é óbvio que en tempos mais antigos si que o fixeron (este feito deu lugar a tradicións ben curiosas, como na danza de Darbo, en Cangas, onde os homes levan pendentes dourados para bailar as danzas). No caso dos homes, existen versións das danzas nas que respectan o “código branco”, e outras nas que xa non.
    En termos xerais, é habitual que os complementos inclúan a cor vermella (sobre todo nas danzas de reis) e mantóns rameados (ou “de 8 puntas”, chamados asi por seren rectangulares). Os motivos florais tamén semellan ter un papel importante.

  • DATAS DAS DANZAS E O SEU SIGNIFICADO

    1. Atopamos estas danzas vencelladas, en moitos casos, a celebracións patronais locais; se ben os investigadores interpretan que, maiormente, a orixe deste item cultural se atopa ligada ao ciclo do ano. Isto é:
    2. Deixando á parte as “versións patronais”,  as primeiras danzas brancas no ciclo do ano corresponden ao ciclo de nadal e de reis (máis ben en reis, xa en xaneiro) e a unha tradición que outrotempo debeu estar moi extendida, coñecida como “as xaneiras” (a finais do mes de xaneiro) no que parece ser en orixe unha celebración do solsticio de inverno (que ten lugar a finais de decembro).
    3. Tamén aparecen as danzas brancas nas celebracións da primavera (en datas próximas ao Corpus) o que nos fai pensar que as danzas teñen que ver coa celebración da fin do inverno e o comezo da tempada de sementeiras e recolleitas. Hai moitos indicios nas características das danzas que apoian esta interpretación:
    4. Os motivos florais (nos sombreiros e adovíos das mozas), reais (con flores naturais na primavera) ou figurados (con adornos florais feitos con lazo ou outros materiais).
    5. A propia vestimenta branca (símbolo de pureza e sinxeleza) adornada con detalles vermellos (a Cor por antonomasia no ideario tradicional). Posiblemente, no caso das danzas brancas, a cor vermella estea asociada cun símbolo da primavera ou do própio sol.
    6. Elementos como o “espello” que levan nalgúns casos as coroas das danzas de reis. (É unha peza de calquer material reflectante ou brillante que se acopla ás coroas). É unha referencia ao sol e ao seu ciclo.
    7. A danza do pau de fitas, que atopamos tanto na primavera como nas danzas de reis, é un símbolo en si mesma do ciclo anual do sol. (Visto desde o interior, do punto de vista do que suxeita o pau, ve-se un círculo formado polas cintas que vai baixando polo pau até un punto máximo. A partir dese momento, destrenza-se o lazo e o “sol” volve subir até a cima do pau). 
15697603 1495483230476897 1586836921978246393 n
cantares
coroas
castanolas
reis1
10881621 10204787810808186 8244402041091362974 n
danzasdereis
lerados
castañolas
zoo apps
lerados2
10896846 10152685820534794 9124493838380449062 n
oli
rancho
10983252 10152802864889794 1357836556275818684 n
8puntas
arcosreis
reis305
10897101 10204787770727184 5627911424671557340 n
paudefitas
10451695 10152802864294794 6691245540898662094 n
8983 10204787808168120 3377438406639010283 n
20121
Video - 2014 - 2015

Video - 2014 - 2015

Video - 2011 - 2012

Video - 2011 - 2012

Video - Danza de arcos do rancho de reis de Guláns

Video - Danza de arcos do rancho de reis de Guláns

Video - Danza de castañolas do rancho de reis de Guláns

Video - Danza de castañolas do rancho de reis de Guláns

Video - Danzas de reis - 2017

Video - Danzas de reis - 2017