Skip to main content

Etiqueta: Gaita

Gaita

Gaita Todos os niveis

Álvaro Carvallo

Gaita e Dirección da escola


33

sesións

60min

Tempo

  • Martes e Mércores
  • 1h. entre 18:30 e 21:30 (Martes)
  • 1h. entre 18:00 e 20:00 (Mércores)
  • 32,50 € / mes

Instruccións para matrícula

  • Programa

    No curso de gaita dará-se a coñecer o repertório tradicional de gaita galega a través da escoita activa e reproducción das melodias a través do canto (nun primeiro achegamento) para logo interpretá-las coa gaita.

    • O son, directamente relacionado coa afinación e a presión do fol.
    • A técnica, directamente relacionada coa articulación e o fraseo.
    • O estilo; a combinación de todos os parámetros anteriores e máis (ornamentación, vibrato, etc.)
  • Metodoloxia

    No caso de que o alumno non teña coñecementos musicais de ningún tipo, traballarán-se primeiro conceptos esenciais coma o ritmo e a entonación, sempre dun xeito creativo e divertido.
    Unha vez co instrumento nas mans, traballará-se sobre os principais parámetros da música directamente relacionados co instrumento e co própio repertório como material didáctico:

    • Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2-3 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
    • A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso
    • Aula COMBO
    • COMBO gaita e percusión

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • Calendário

    AULAS MARTES:

    • 7, 14, 21 e 28 de outubro;
    • 4, 11, 18 e 25 de novembro;
    • 2, 9 e 16 de decembro;
    • 13, 20 e 27 de xaneiro;
    • 3, 10 e 24 de febreiro;
    • 3, 10, 17 e 24 de marzo;
    • 7, 14, 21 e 28 de abril;
    • 5, 12, 19 e 26 de maio;
    • 2, 9 e 16 de xuño.

    AULAS MÉRCORES:

    • 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro;
    • 5, 12, 19 e 26 de novembro;
    • 3, 10 e 17 de decembro;
    • 14, 21 e 28 de xaneiro;
    • 4, 11 e 25 de febreiro;
    • 4, 11, 18 e 25 de marzo;
    • 8, 15, 22 e 29 de abril;
    • 6, 13, 20 e 27 de maio;
    • 3, 10 e 17 de xuño.
  • Localización

    Localización provisional:

    Local Rúa Santiña. Aula 1

Continue reading

Álvaro Carballo

Titulado profesional en gaita galega polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo da man de Xosé Miguélez (Pilís), curso superior en percusión tradicional na E-Trad da man de Chuco Estévez e son estudante de último ano do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Asisto ao Seminario Permanente de Jazz da man de Abe Rábade e teño sido alumno de mestres como Pedro Fariñas, Rebeca Carrera ou Cristian Silva.

Inicio a miña traxectoria no eido da música tradicional dende moi novo onde participo en grupos como Seixebra, Trazantes de Tenorio, Traspés ou Cantigas e Agarimos. Actual membro da directiva da Asociación de Gaiteiras Galegas.

Como gaiteiro, participo en proxectos como o grupo Prima de Buxo ou a charanga de Trapés, imparto aulas na A.C. Soalleira de Dorrón e dirixo o Obradoiro de música tradicional da Universidade de Vigo.