En Trépia temos un programa para colaboradores, xa que
agradecemos calquer aportación que poidan facer à asociación persoas, empresas ou entidades públicas que queiran colaborar coa realización das actividades promovidas pola Asociación Cultural Trépia.
COMO FACÉ-LO
A dia de hoxe dispós de múltiples formas de facer a tua doazón, dependendo primeiramente de se o queres facer como unha empresa ou unha persoa física.
A Asociación leva dende 2008 desenvolvendo un programa de eventos culturais, obradoiros, cursos e conferencias na cidade de Pontevedra. Temos levado adiante desde grupos escénicos a proxectos de microcreación audiovisual, gravacións en áudio e incluso algun proxecto editorial…
Ao longo deses anos fomos tecendo contactos entre asociacións, profesionais e entidades públicas que teñen colaborado nos proxectos da asociación dun ou doutro xeito.
E dende logo, queremos continuar nesa liña, sabendo que as vosas aportacións son moi importantes para podermos seguir desenvolvendo proxectos únicos.
Entidades colaboradoras:
O noso obxectivo é levar a cultura tradicional a espazos e contextos contemporáneos, incorporando avances tecnolóxicos e novos recursos para seguir medrando coma unha cultura única sen limites.
XERAR CONTIGO EN GALEGO
Novas fórmulas para a cultura e o folclore
Temos un tecido cultural e lingüístico único, e sabemos cal e o noso obxectivo:
Garantir a sua transmisión e acadar a máxima difusión posíbel.
Dende a Asociación creou-se un departamento onde se traballa a viabilidade de todos os proxectos, tanto a sua parte económica coma o plantexamento da produción final.