Marcelo Dobode

Marcelo Dobode
Dende a súa infancia toma contacto coa música de raiz grazas a a súas tías avoas Maruja e
Claudina, tocadoras de pandeireta e bailadoras, ensinandolle o xeito e a expresión de tocar da
zona de Soutomaior, as súas raíces están moi vencelladas a oralidade e a forma mais pura e
tradicional das nosas de raíz, tendo o seu avó gaiteiro e avoa baildora e tocadora, leva-o no
sangue.
Xá de moi neno con 14 anos comeza a tocar nas alboradas con varios grupos de gaiteiros e unese danzando e tocando a agrupación folclórica Gandaina de Pontevedra onde coñece as
Pandereteiras Leilía coas cales recorre varios concellos facendo traballo de campo e recollida das
distintas músicas que lle apasionan.
Con 16 anos comeza a dirixir varias agrupacións folclóricas en Soutelo De Montes e Forcarei, e a
impartir aulas de canto pandeireta e baile, mais tarde forma o grupo de Pandereteiros “ O tear de
llerena” que forman unha escola de música tradicional e os cales recoren Galiza para poder
seguir co seu traballo de campo e editando o disco Jenifer.
Entra a formar parte da agrupación folclórica O Fiadeiro e recorre escenarios de Europa e
España, e graban o disco O Fiadeiro de música tradicional, viaxa as casas galegas de Venezuela
para impartir aulas de canto pandeireta e baile e volve a Galiza onde comeza a dirixir a Aula
Folque Infantil en Pontevedra.
Forma o grupo Gharatá onde xa no 2003 misturan a música tradicional coa música electrónica e
actuando en vários festivais.
Mais tarde forma o dúo Primordias e editan o traballo discográfico Droguería Moderna
compoñendo músicas e letras de temas que a días de hoxe xa forman parte da nosas música
tradicional.
Director do certamen Pontecoqueta, coordinador no festival Duf, vincula à súa vida a ensinar e
producir festivais e músicas de raíz de todo o mundo.
Lanza o seu traballo discográfico Turoqua no 2019 onde as súas composicións mezclanse con
todas a músicas que escoitou durante toda a súa vida e compón muiñeiras e cotas con ritmos de
blues, funk, jazz.

