Percusión Todos os niveis
33
sesións
60min
Tempo
-
Luns,Martes e Xoves
-
1h. entre 17:00 e 22:00 (Luns)
-
1h. entre 17:00 e 22:00 (Martes)
-
1h. entre 17:00 e 22:00 (Mércores)
-
32,50 € mes
Instruccións para matrícula
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.
Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.
Método
Programación Curso 2024-2025
Neste curso traballaremos cos dous principais instrumentos de percusión que acompañan à gaita na música tradicional galega: o tambor e o bombo.
Estudaremos a história, características organolóxicas, mecánica e mantemento destes instrumentos. Amosaremos o sistema de notación deseñado para a percusión tradicional galega. Estudaremos os principais recursos técnicos e a sua aplicación nos distintos ritmos da música tradicional galega. Traballaremos diferentes arranxos para percusión de várias obras para gaita.
Obxectivos
- Coñecer os instrumentos e as suas técnicas (básica e avanzada).
- Estudar os diferentes ritmos da música tradicional galega.
- Desenvolver o papel de instrumento acompañante único ou en grupo.
- Fomentar a valoración e o respecto pola música tradicional galega.
Contidos:
O tambor e o bombo:
- História.
- Características organolóxicas.
- Mecánica.
- Mantemento.
Sistema de notación:
- Tambor.
- Bombo.
Técnica:
- Agarre.
- Golpeo.
- Acentos.
- Redobre.
- Mordentes.
- Efectos.
- Dinámica.
Padróns rítmicos:
- Muiñeira e variantes.
- Xota e variantes.
- Pasodobre.
- Outros ritmos en compás de 2/4.
Arranxos para percusión (tambor e bombo) de diferentes obras para gaita.
Metodoloxia:
- As aulas terán unha duración de 1 hora cunha periodicidade semanal.
- Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
- A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
- O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
Actuacións magosto
Cantares de reis
Roteiros da Aña Urbana
Actuación fin de curso
Aula COMBO
Aula COMBO de gaita e percusión
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
CALENDÁRIO
- AULAS LUNS:
- 30 setembro;
- 7, 14, 21 e 28 de outubro;
- 4, 11, 18 e 25 de novembro;
- 2, 9 e 16 de decembro;
- 13, 20 e 27 de xaneiro;
- 3, 10, 17 e 24 de febreiro;
- 10, 17, 24 e 31 de marzo;
- 7, 21 e 28 de abril;
- 5, 12, 19 e 26 de maio;
- 2, 9 e 16 de xuño.
- AULAS MARTES:
- 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro;
- 5, 12, 19 e 26 de novembro;
- 3, 10 e 17 de decembro;
- 14, 21 e 28 de xaneiro;
- 4, 11, 18 e 25 de febreiro;
- 11, 18 e 25 de marzo;
- 1, 8, 22 e 29 de abril;
- 6, 13, 20 e 27 de maio;
- 3, 10 e 17 de xuño;
- AULAS MÉRCORES:
- 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro;
- 6, 13, 20 e 27 de novembro;
- 4, 11 e 18 de decembro;
- 8, 15, 22 e 29 de xaneiro;
- 5, 12, 19 e 26 de febreiro;
- 12, 19 e 26 de marzo;
- 2, 9, 23 e 30 de abril;
- 7, 14, 21 e 28 de maio;
- 4, 11 e 18 de xuño;