Neste curso traballaremos cos dous principais instrumentos de percusión que acompañan à gaita na música tradicional galega: o tambor e o bombo.
Estudaremos a história, características organolóxicas, mecánica e mantemento destes instrumentos. Amosaremos o sistema de notación deseñado para a percusión tradicional galega. Estudaremos os principais recursos técnicos e a sua aplicación nos distintos ritmos da música tradicional galega. Traballaremos diferentes arranxos para percusión de várias obras para gaita.
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.