Skip to main content

Pandereteiras do Suído

CD RECOPILATÓRIO DE REPERTÓRIO DE AVIÓN – SUÍDO

Concello da Lama no 2012

Pandereteiras do Suído

Co obxectivo de investigar e recuperar o repertório de pandeireta e canto tradicional de toda a contorna do Suído e Avión.
Xorde asi todo un proxecto dinamizador no que confluíron aulas de aprendizaxe, recolleitas de campo e participación en seráns e outros eventos tradicionais. Neste grupo deuse naturalmente unha integración interxeracional, a través das aulas e ensaios, e un fermoso traballo de recuperación.
No ano 2012 a A.C. Trépia propuxo a realización dun traballo en CD, recopilando o repertório do grupo, nunha gravación na que participaron tanto informantes directas da tradición, como xente máis nova que tomaran contacto coa música tradicional a través do própio grupo.

Dirección de producción

Xandre Outeiro

ESCOITA!

As pandereteiras do suído

Lembra que nos nosos perfis de SoundCloud poderás atopar desde recolleitas do arquivo a gravacións que fomos facendo coas nosas versións de temas tradicionais, explorando diferentes posibilidades.
Horas de Trépia para escoitares.