Skip to main content

Pandeireta e canto Iniciación (Grupo III)


33

sesións

60min

Tempo

  • Xoves
  • 20:15 a 21:15
  • 22,50 € mes
Instruccións para matrícula

Método

Sesións prácticas de canto e pandeireta nas que se ensinará repertório de diversas zonas, afondando na técnica (tanto vocal como da pandeireta).

• Os obxectivos son mellorar o funcionamento grupal dacordo ao xeito natural -e tradicional- de facé-lo, facendo fincapé en cuestións como a non memorización sistemática de arranxos e letras; mais ao contrário: adquirir a habilidade necesária para tocar e cantar con naturalidade dentro dunha masa coral tradicional, entendendo e respectando o seu funcionamento.

• Traballará-se tamén a técnica vocal e a ornamentación melódica, à par que a rítmica coa pandeireta, ampliando os recursos dispoñíbeis mediante a aprendizaxe de pezas do repertório tradicional.

  • Cada aula terá un máximo de 10 alumn@s
  • Cada sesión ten unha duración de 60 min.
  • Aula de nivel intermédio. 

Actividades

O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

  • Actuacións magosto
  • Cantares de reis
  • Roteiros da Aña Urbana
  • Actuación fin de curso
  • Aula COMBO

Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

CALENDÁRIO

AULAS XOVES:
  • 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
  • 7, 14, 21 e 28 de novembro;
  • 5, 12 e 19 de decembro;
  • 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
  • 6, 13, 20 e 27 de febreiro;
  • 6, 13, 20 e 27 de marzo;
  • 3, 10 e 24 de abril;
  • 8, 15, 22 e 29 de maio;
  • 5, 12 e 19 de xuño.