Miguel Sotelo
é bailador e mestre de baile tradicional.
Realizou o curso “Bailas? Didáctica da danza tradicional galega” na Universidade de
Santiago de Compostela e os cursos “Antropoloxía social e cultural de Galicia:
etnografía, patrimonio inmaterial e etnoarqueoloxía. Unha viaxe antropolóxica pola
cultura e sociedade tradicional galega.” e “Mitología, creencias, rituales y
manifestaciones festivas de la cultura tradicional gallega. Un acercamiento
antropológico al patrimonio inmaterial de Galicia.”, ambos na UNED en Pontevedra.
Na actualidade forma parte do grupo de baile da A.C.F. O Fiadeiro e desenvolve a súa
actividade regular como docente na A.C. Peis d’hos, na que dirixe ao grupo de música
e baile tradicional Trébede e exerce de mestre de baile tradicional galego da escola da
asociación. A maiores, imparte clases de baile na S.C.R. Liceo de Noia e en varios
centros de ensino do Morrazo. Por outra banda, imparte cursos de baile en diversas
asociacións e Centros Galegos en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da
Xunta de Galicia. Con anterioridade, tamén dirixe os grupos Retrouso de Cela,
Ximalveira do Hío e Moañesa de Música e Danza e imparte clases de baile en O Arco
de Vilanova, Trepia, Ardanceiros ou Tarambainas, así como en diversos centros de
ensino.
No apartado musical, forma parte dos grupos de pandeireteiros e de cantos de taberna
Peis d’hos e imparte clases de pandeireta e canto tradicional nesta asociación e en
varios centros de ensino do Morrazo. No pasado, tamén en Ardanceiros e Retrouso de
Cela.
Cómpre destacar a súa participación como bailarín na película “La Jota” de Carlos Saura
e en “Romería” de Carla Simón, e a dirección artística da curtametraxe “Irei a Darbo”. É
director artístico das Xornadas Etnográficas do Morrazo.
Formou parte do Projecto [‘trepia], do grupo de pandereteiros O Tear de Llerena e das
compañías de danza GS21, Circio e Quique Peón Cía. Tamén pasa pola A.C.
Lembranzas da Ría, onde se inicia como bailador e músico.
Participou en calidade de xurado en varios concursos de baile tradicional galego. Así
mesmo, concursou en diversos certames de baile tradicional, danza e música, acadando
unha morea de premios entre os que cabe destacar o segundo premio nacional obtido
no XXI Certame de coreografía de danza española y flamenco 2013 realizado en Madrid