Andar cos tempos


Matrícula Aberta
  • até: Mércores, 20 Novembro 2019
  • Nivel:
    Todos os públicos
  • Día: Sábado, 23 Novembro 2019
  • Horario: 17:00 a 20:00
  • Duración: 3h
  • Ratio: 40 por sesión
  • Prazas dispoñibles: 40
  • Prezo: 15€ Non socixs 10€ Socixs
  • Monográfico

    Organiza: C.S. O Quilombo ea A.C. Trépia
    Colabora: Colexio Público Froebel

    “Andar cos tempos... ou de como cribar o gran para mañá” é un proxecto que convida a rever a tradición con perspectiva de xénero.
    Céntrase principalmente no baile e na música tradicional revisando distintos estereotipos sexistas que se perciben á hora de desenvolver estes dous elementos do patrimonio: os roles de bailadores e bailadoras, os xeitos de moverse e bailar, a construción de parellas desde unha única óptica, a heterosexual, ou o reparto de instrumentos musicais diferenciados por sexos.
      • Contextualización e características do baile e da danza en Galicia.
      • Usos e transmisión do baile.
      • Análise da folclorización do baile desde o S.XIX ate a actualidade.
      • Transmisión de estereotipos de xénero: argumentos a favor e en contra dos estereotipos e do seu uso dentro do que se concibe como baile tradicional.
      • Desenvolvemento do concepto de tradición.
      • Identificación de estereotipos sexistas e análise da mensaxe transmitida ao educar a partir deles.
      • Debate sobre a responsabilidade colectiva na transmisión do baile sen estereotipos.
      • Análise en clave de xénero de recursos didácticos bibliográficos e baseados no baile tradicional.
      • Posta en práctica destes recursos sen estereotipos de xénero.
  • Obxetivos

    • Analizar os estereotipos sexistas que se dan á hora de reproducir e transmitir o baile tradicional.
    • Reflexionar sobre os estereotipos de xénero que se dan en prácticas educativas en xeral e no baile tradicional en concreto.
    • Analizar a orixe e consecuencias de transmitir o baile con estereotipos.
    • Concienciar sobre a necesidade de transmitir a cultura tradicional en xeral, e o baile en particular, sen estereotipos que fomenten as desigualdades entre as persoas.
    • Achegar metodoloxías coeducativas para conseguirmos ensinar baile sen reproducir estereotipos sexistas.
  • Instruccións de inscrición de matrícula

    20 de Novembro remata o prazo de inscrición no monográfico.
    Andar cos tempos con Chus Caramés e Carme Campo..

    Unha vez completes este formulário, recibirás no mail indicado a confirmación de reserva de praza, que se fará efectiva no momento de abonares a(s) cuota(s) correspondente(s).
    Para facer o pagamento deberás transferir ou ingresar o importe no número de conta antes do 20 de Novembro indicando no concepto "Monográfico Andar cos tempos" eo teu nome. Que o atoparas na folla de inscrición.

    Unha vez recibido o pagamento, terás finalizado correctamente a inscrición.

    Recomendacións

    Para axilizar o trámite, podes enviar correo electrónico o XUSTIFICANTE da transferéncia/ingreso a dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando no asunto o teu nome + título do monográfico.
    Se tendes algunha consulta relacionada co contido do curso, non dubides en escribirnos gustamos do voso interese.
    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A matricula remata o:
Mércores, 20 Novembro 2019