Curso express de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc
Venres, 24 Xuño 2022 Sábado, 25 Xuño 2022 Venres, 01 Xullo 2022 Sábado, 02 Xullo 2022 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (SÁBADOS), 16:00h. a 20:00h. (VENRES)
Neste curso concentrado, tentaremos que se comprendan os principios básicos teóricos que teñen que
ver ca harmonía moderna ou tradicional que atopamos en diversos estilos populares.
Trátase de saír momentaneamente do concepto horizontal-melódico para coñecer o vertical e as
normas e técnicas máis básicas para conseguir colorear melodías.
Enfocado desde o punto de partida das músicas tradicionais, observando e analizando os modos e
escalas nos que foron creadas, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose con
solvencia ao arranxo.
Vai dirixido a toda persoa amante da música que teña uns coñecementos básicos de linguaxe musical e teña interese
en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.
O alumnado asistente será ben recibido independentemente do campo musical do que proceda.
- Graos da escala e Intervalos.
- A armadura, ciclo de quintas.
- Medición de intervalos e definición destes.
- Escala maior, formación de tríades, inversións.
- Cuatríadas.
- Familiarización co cifrado harmónico e simboloxía.
- Enlace harmónico.
- Melodía-composición.
- Análise melódico.
- Relación escala-acorde.
- Funcións tonais. Cadencias.
- Os modos. Principios harmónicos na música modal, notas a evitar.
- Acordes non diatónicos.
- Dominantes secundarios.
- Substitución tritonal.
- Substitución II-V-I secundario maior e menor.
- Modo menor. Substitución sexta napolitana.
- Acordes diminuídos, emprego e relación escala-acorde.
- Acordes con baixo diferente á nota de raíz, partidos e híbridos.
- Intercambio modal.
- Adecuación dos contidos cara melodías tradicionais, modos clásicos e arcaicos.
- Audición de exemplos modais.
Dende un nivel cero trataremos que o alumnado remate o curso sendo quen de abordar o arranxo e a
composición desde un punto de vista máis maduro e solvente, facilitándolle non so un mellor
desenvolvemento no seu labor musical (sexa profesional ou afeccionado), se non tamén unha mellor
capacidade de gozar e sentir seguridade á hora de facelo.
As referencias musicais faranse sempre dende a música tradicional e popular galega, castelá, e de tradición
europea.
Xoves, 23 Xuño 2022 remata o prazo de inscrición no monográfico. Curso express de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc ..
1ºUnha vez completes este formulário, recibirás no mail indicado a confirmación de reserva de praza, que se fará efectiva no momento de abonares a(s) cuota(s) correspondente(s).
2ºPara facer o pagamento deberás transferir ou ingresar o importe no número de conta que recibirás no teu email, antes do Xoves, 23 Xuño 2022 indicando no concepto "Monográfico " e o teu nome.
3º Lembra que só poderás cancelar a túa inscrición ata o Xoves, 23 Xuño 2022 .