A carballesa no Courel

Venres, 17 Decembro 2021 17:00 a 20:30

Matrícula Aberta
Venres, 10 Decembro 2021


Medio
3:30h.
17 / 14
55€ / 50€
  • A carballesa é unha variante da muiñeira que quedou agochada en 4 concellos da montaña do Courel, aínda que supoñemos que tivo que estar estendida por case toda Galiza. Neste obradoiro coñeceremos o que chegou ata nós deste peculiar ritmo. 

    Achegarémonos à Carballesa a través das fontes escritas e das recollas realizadas nos anos 1980 e princípios de 1990. Aprenderemos os seus xeitos e pasos, centrando-nos no concello de Folgoso do Courel.

  • 16:30h. Recepción de asistentes no local social da A.C. Trépia (aCultural - Rosalia de Castro, 100; Pontevedra).

    17:00h. Obradoiro teórico-práctico.

    • Obter un coñecemento xeral das diferentes tipoloxías e variantes, partindo de material en vídeo clasificado por zonas xeográficas, de gravacións realizadas a informantes direct@s da tradición.
    • Aprendizaxe de pasos, puntos e versións das zonas xeográficas indicadas.