Guitarra Todos os niveis
31
sesións
60min
Tempo
-
Mércores
-
20:30 a 22:00
-
33 € / mes
Como apuntar-se?
Como apuntar-se?
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.
Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.
Calendário
- 7, 14, 21 e 28 de outubro
- 4, 11, 18 e 25 de novembro
- 2, 9 e 16 de decembro
- 13, 20 e 27 de xaneiro
- 3, 17 e 24 de febreiro
- 3, 10 e 17 de marzo
- 7, 14, 21 e 28 de abril
- 5, 12, 19 e 26 de maio
- 2, 9 e 16 de xuño
Programa
Neste curso facilitará-se a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomía interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado.
Traballaremos tanto repertório tradicional galego como adaptacións do repertório do instrumento en distintas etapas históricas e localizacións.
Máis info
- Esta quenda única terá un máximo de 6 alumnos/as, na que o/a docente proporá tanto exercícios e traballo individual (con atención personalizada) como exercícios e pezas conxuntas.
O alumnado pode, ademais, participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como actuacións no magosto, reis, aña urbana, fin de curso, etc.; ou solicitar incorporar-se à aula COMBO.
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.Onde é?
o