
Matrícula Aberta
Fín de matrícula:
30 setembro
31
sesións
60
Min
7
Prazas
-
todos
-
Martes
-
1h. entre 18:30 e 21:30
-
3 rátio
-
Onde se atopa
-
30 €
Gaita
-
Método
No curso de gaita dará-se a coñecer o repertório tradicional de gaita galega a través da escoita activa e reproducción das melodias a través do canto (nun primeiro achegamento) para logo interpretá-las coa gaita.
No caso de que o alumno non teña coñecementos musicais de ningún tipo, traballarán-se primeiro conceptos esenciais coma o ritmo e a entonación, sempre dun xeito creativo e divertido.
Unha vez co instrumento nas mans, traballará-se sobre os principais parámetros da música directamente relacionados co instrumento e co própio repertório como material didáctico:- O son, directamente relacionado coa afinación e a presión do fol.
- A técnica, directamente relacionada coa articulación e o fraseo.
- O estilo; a combinación de todos os parámetros anteriores e máis (ornamentación, vibrato, etc.)
- Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2-3 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
- A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
- O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.
-
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
-
CALENDÁRIO DE SESIÓNS
- AULAS MARTES:
- 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
- 7, 14, 21 e 28 de novembro;
- 5, 12 e 19 de decembro;
- 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
- 6, 20 e 27 de febreiro;
- 5, 12 e 19 de marzo;
- 2, 9, 16, 23 e 30 de abril;
- 7, 14, 21 e 28 de maio;
-
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.