Sesións prácticas de canto e pandeireta nas que se ensinará repertório de diversas zonas, afondando na técnica (tanto vocal como da pandeireta).
• Os obxectivos son mellorar o funcionamento grupal dacordo ao xeito natural -e tradicional- de facé-lo, facendo fincapé en cuestións como a non memorización sistemática de arranxos e letras; mais ao contrário: adquirir a habilidade necesária para tocar e cantar con naturalidade dentro dunha masa coral tradicional, entendendo e respectando o seu funcionamento.
• Traballará-se tamén a técnica vocal e a ornamentación melódica, à par que a rítmica coa pandeireta, ampliando os recursos dispoñíbeis mediante a aprendizaxe de pezas do repertório tradicional.
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.