Nacín en Redondela en 1993. Con oito anos aprendo a tocar o saxofón na banda de música de Redondela. 3 anos despois comezo a estudar no conservatorio Víctor Ureña ata acadar o grado profesional. Despois comezo a estudar no seminario de jazz de Pontevedra (durante 3 anos) onde estudo con Abe Rábade e Paco Charlin ao tempo que fago clases privada con Xose Miguelez.
Actualmente son integrante de Fanfarria Taquikardia e polo camiño pasei por diferentes agrupacións (orquesta de saxos, bandas de jazz, grupo reggae, murga...)
Fai un tempiño descubrín o acordeón, o cal me enamorou completamente. Inicieme dando clases con Bojan Antonijevic (Serbia) e con Juanjo Mariño, con quen aprendo repertorio popular galego e do mundo.
Actualmente dou clases de acordeón e concertos.