Skip to main content

Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

3 de novembro

33
sesións
90
Min
12
Prazas

Danza contemporánea e improvisación

  • Método

    Será o obxectivo deste curso brindar os coñecementos básicos correspondentes ás distintas técnicas que conforman a danza contemporánea desde os seus inicios: expresionismo (Isadora Duncan), Graham, Müller, Release, Fly Low e Contac.

    Trataranse os principios de cada técnica, desde a danza moderna á contemporánea, á vez que se iniciará en nocións de tempo e espazo para o futuro dominio do espazo escénico e o corpo como medio de expresión que adquire unha nova linguaxe coa que poderá atopar as súas propias emocións a través da danza.

    Obxectivos específicos:

    -Nocións de danza moderna:

    Técnica Graham

    • Exercicios de Martha Graham empregando o chan como base preparatoria para a actividade de pé: traballo de espalda, contraccións e respiración, coordinación de extremidades, nocións de tempo.
    • Exercicios de Marta Graham de pé: saltos, equilibrios e contraccións.
    • Técnica Müller
    • Conciencia do tempo a través da respiración.
    • Exercicios de pé, curvas e disociación.
    • Traslados no espazo.

    -Aproximación á Danza Contemporánea:

    Técnica Release

    • Principios de relaxación e peso corporal.

    Técnica Fly low

    • Chegada e saída do chan, saltos.

    • Velocidades.

    • Contac

    • Conciencia do propio peso con e sen o compañeiro/-a.

    • Traballo en grupo.

    • Bases de improvisación para a comunicación corporal.



    Clase dividida en 3 partes:

    • Quecemento (exercicios destinados a preparar o corpo para a actividade).

    • Desenvolvemento:
    • Primeiras 2 clases: traballos de respiración, ritmo e improvisación (expresionismo)
    • 3ª a 6ª clase: exercicios técnica Graham
    • 7ª a 10ª clase: exercicios de técnica Müller
    • 11ª a 16ª clase: exercicios de técnicas mixtas. Release, Fly Low e Contac

    • Final (exercicios de relaxación)


    *Ofreceranse referencias bibliográficas sobre a evolución da danza contemporánea en Europa
    Traballo Final:
    Realización dunha montaxe coreográfica cos distintos elementos estudados, na cal se incluirán as diversas técnicas mixtas, de xeito que o alumno poida incorporar a consciencia escénica e ver os froitas da aprendizaxe.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS LUNS:
    • 30 setembro;
    • 7, 14, 21 e 28 de outubro;
    • 4, 11, 18 e 25 de novembro;
    • 2, 9 e 16 de decembro;
    • 13, 20 e 27 de xaneiro;
    • 3, 10, 17 e 24 de febreiro;
    • 10, 17, 24 e 31 de marzo;
    • 7, 21 e 28 de abril;
    • 5, 12, 19 e 26 de maio;
    • 2, 9 e 16 de xuño.

  • Instruccións e funcionamento

    Localización provisional:

    Local CS O Burgo (Estadio Pasarón). Sala do millo

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 3 de novembro
Folla de matrícula
Danza contemporánea e improvisación