Empezo a miña relación coa música e o baile dende ben pequena, bailando en diferentes asociacións. Xa de maior comezo a formar parte do grupo etnográfico "A Buxaina" no que sigo estando.
A miña inquietude pola música lévame a querer aprendela dun xeito máis clásico cursando na Escola Municipal de música e especializándandome en flauta traveseira e historia da música.
Tras finalizar os estudos oficiais volvo á tradición e participo en numerosas recollidas. Este novo aprendizaxe lévame a querer transmitilo como profesora de baile tradicional en distintas localidades galegas.