Toda vez que o pandeiro cadrado é un instrumento que acompaña às pandeiretas de xeito individual (quer dicir, que agás excepcións, non existe unha formación tradicional de tocadores/as de pandeiro cadrado), esta é unha aula adaptada cun funcionamento semellante ao dunha aula grupal de pandeireta e canto tradicional.
Neste curso o alumnado afondará nas diferentes técnicas para o pandeiro cadrado, aprendendo de xeito grupal repertório adaptado a este novo tipo de formación.
Dun xeito semellante, o alumnado aprenderá tamén os ritmos tradicionais noutros instrumentos de percusión, asi como técnica vocal adaptada ao canto tradicional.
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.