Matrícula Aberta
Fín de matrícula:
3 de novembro
34
sesións
90
Min
15
Prazas
-
medio
-
Mercores
-
20:30 a 22:00
-
15 rátio
-
25 €
Baile Tradicional Nivel 3 (Grupo II)
-
Método
Sesións prácticas de baile tradicional nas que se ensinará repertório de movementos e estruturas provintes de diferentes zonas.
• Os obxectivos son mellorar o funcionamento -non coreográfico- grupal, facendo fincapé en adquirir as habilidades necesárias para se desenvolver con naturalidade no baile tradicional, entendendo e respectando o seu funcionamento.- Cada aula terá un máximo de 15 alumn@s
- Cada sesión ten unha duración de 90 min.
- Aula de nivel intermédio.
-
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
-
CALENDÁRIO DE SESIÓNS
- AULAS MÉRCORES:
- 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro;
- 6, 13, 20 e 27 de novembro;
- 4, 11 e 18 de decembro;
- 8, 15, 22 e 29 de xaneiro;
- 5, 12, 19 e 26 de febreiro;
- 12, 19 e 26 de marzo;
- 2, 9, 23 e 30 de abril;
- 7, 14, 21 e 28 de maio;
- 4, 11 e 18 de xuño;
-
Instruccións e funcionamento
Localización provisional:
Local Rúa Santiña. Aula 3
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.