Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

30 setembro

35
sesións
90
Min
4
Prazas

Baile Tradicional Iniciación

  • Método

    Aula de iniciación ao baile tradicional.

    O alumnado introducirá-se nos pasos e estruturas básicas do baile tradicional (solto e agarrado) en sesións prácticas guiadas pola/o profesor/a. Mediante a repetición de exercícios, ao mesmo tempo, poderán-se ir aprendendo tamén as tipoloxías tradicionais existentes en diferentes zonas.

    • Cada aula terá un máximo de 15 alumn@s
    • A duración da sesión é de 90 min.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • 14, 21, e 28 de setembro;
    • 5, 19, e 26 de outubro;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro;
    • 7, 14 e 21 de decembro;
    • 11, 18 e 25 de xaneiro;
    • 1, 8, 15 e 22 de febreiro;
    • 8, 15, 22 e 29 de marzo;
    • 5, 19 e 26 de abril;
    • 3, 10, 24 e 31 de maio.
    • 7, 14, e 21 de xuño;

     

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 30 setembro
Folla de matrícula
Baile Tradicional Iniciación