Unha aula de expresión musical xeral, mais enfocada à introdución aos máis pequenos no repertório tradicional, a través do xogo e do coñecemento inicial dos ritmos e instrumentos tradicionais. @s pequen@s adquirirán unhas nocións básicas que lles permitan -a continuación- incorporar-se às aulas grupais ou de instrumento específico por quendas.
Para asistir ao programa Brinquedos non é necesario que o alumnado acuda con instrumentos pois a asociación dispón do instrumental necesario. Tampouco se require traballo extra fóra das horas lectivas. A compra de instrumentos e o traballo individual na casa comeza cando pasa a formar parte do programa xeral da escola.
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.