Vento

Vento

  • Acordeón cromático de teclas

Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

30 setembro

31
sesións
60
Min
1
Prazas

Acordeón cromático

  • Método

    Queres aprender a tocar o acordeón ou mellorar as tuas habilidades con este instrumento?

    Neste curso facilitará-se a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomia interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado. Busca-se desta maneira que o énfase na técnica permaneza ligado (ou supeditado) à natureza creativa e comunicativa da arte musical.

    O repertório estará centrado na música Galega ainda que aberto a outras tradicións estilíticas. Terán-se en conta gustos musicais e o nivel de coñecemento do instrumento de cada alumn@ à hora de escoller e adaptar o repertório.
    • Desenvolver a escoita activa da paisaxe sonora perceptíbel polo o alumnado, sexa a través da escoita de interpretacións musicais, de gravacións sonoras ou do seu própio son mediante a interpretación de pezas, estudos ou exercícios técnicos co obxectivo de mellorar a comprensión do valor estético do son.
    • Interpretar, en correspondéncia co nivel do alumnado, pezas e arranxos baseados no repertório popular galego ou noutros estilos que susciten o interese do alumnado coa intención de dar a coñecer as posibilidades interpretativas do instrumento e identificar trazos característicos de cada estilo musical.
    • Coñecer o rol do acordeón nos diversos contextos musicais, como instrumento solista ou acompañante, facendo fincapé na importáncia da melodia, a harmonia e o ritmo.
    • Desenvolver progresivamente a capacidade de memória e a capacidade de lectura da notación musical.
    • Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
    • A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
    • O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS XOVES:
    • 15, 22 e 29 de setembro;
    • 6, 13, 20 e 27 de outubro;
    • 3, 10, 17 e 24 de novembro;
    • 1 e 15 de decembro;
    • 12, 19 e 26 de xaneiro;
    • 2, 9, 16 e 23 de febreiro;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de marzo;
    • 13, 20 e 27 de abril;
    • 4, 11, 18 e 25 de maio;
    • 1 e 8 de xuño.

     

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 30 setembro
Folla de matrícula
Acordeón cromático

Inscricións Aulas por Quendas
CURSO 2022-23.
Comezo das aulas: LUNS, 3 DE OUTUBRO.
Total de sesións: 1

As aulas por quendas teñen sesións de 60 min. semanais en grupos de 3 persoas, organizadas por niveis. Existe a posibilidade de, por cuestións didácticas, separar o grupo en sesións individuais de 20 min. + 40 min. de tempo de estudo persoal con asisténcia do/a profesor/a.

Prezo: 30 €/mes

Email

Nome e apelidos:

Teléfono de contacto:


ACORDEÓN CROMÁTICO (Teclas)

Profesor: Vento



CONSULTAS

Se nos queres consultar calquera cuestión, podes poñe-lo aqui:



Datos bancários

(A cubrir unicamente se é a tua primeira vez na escola da A.C. Trépia, ou se precisas renovar algun dato). Se xa formas parte da escola, por favor emprega o formulário de renovación de matrícula no canto deste.



IBAN domiciliacións

Indica o número de conta onde autorizas à A.C. Trépia a cargar os importes mensuais da(s) aula(s) na(s) que te matricules. escrebe-o co formato ESXX XXXX XXXX XXXX XXXX (grupos de 4 separados cun espazo).



DNI

O teu DNI co formato XXXXXXXX-X (coa letra separada cun guión).



Enderezo postal

(Rua/praza/lugar/etc., numero, código postal, vila/cidade)



Política de privacidade de datos

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co Real Decreto-lei 5/2018, de 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español à normativa da Unión Europea en materia de protección de datos, informa-se-lle de que os datos persoais facilitados por vostede no presente formulário serán incorporados a un ficheiro titularidade da ASOCIACIÓN CULTURAL TRÉPIA (CIF G94013208) coa finalidade de realizar o mantemento, xestión e prestación dos servizos solicitados à mesma, asi como para o mantemento de comunicacións de carácter informativo. Os datos proporcionados conservarán-se mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesários para cumprir coas obrigas legais.Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista algunha obriga legal. Por último, informa-se-lle de que lle asisten os direitos de acceso, modificación, oposición e cancelación, que poderá exercitar mediante petición escrita dirixida à: ASOCIACIÓN CULTURAL TRÉPIA no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no enderezo postal: Rúa Rosalia de Castro, 100, 36003, Pontevedra à atención do/a responsábel do Tratamento de Datos. Do mesmo xeito, solicitamos a súa autorización para lle ofrecer produtos e servizos relacionados cos solicitados, e fidelizá-lo/a como sócio/a: Os datos poden ser incorporados a un ficheiro, polo que somos responsábeis da sua xestión e tratamento. A seguridade dos datos está garantida, xa que tomamos todas as medidas de seguridade necesarias para iso. Só usamos estes datos para o propósito para o que vde. no-los proporcionou. Ademais, de se subscribir à nosa newsletter, recibirá novas do noso sitio web, información sobre os nosos produtos e calquera contido relacionado a outros profesionais que poden ser do seu interese. Non imos pasar os datos desta listaxe a terceiros en ningun caso. Se ten algunha dúbida sobre o tratamento dos seus datos e sobre a sua privacidade, pode escreber ao noso enderezo de contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Conformidade: