Protocolo de aplicación ante a Covid-19

Escola da A.C. Trépia

Medidas sanitárias xerais de obrigado cumprimento.

  • Mantemento da distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros:

    É unha medida básica para estar fóra do radio de diseminación das gotas respiratórias que transmiten a infección que se producen ao falar, esbirrar ou tusir.
  • Uso de máscaras e/ou pantallas de protección obrigatorio

    Medidas de protección para evitar a diseminación da infección, especialmente importante nos espazos comuns do edifício, mais tamén no interior das aulas.
  • Hixiene de mans:

    Xogan un importante papel na transmisión do virus dende as superfícies, polo que será primordial lavá-las regularmente, ben con auga e xabrón ou ben con solución hidroalcólica.
  • Limpeza, desinfección e ventilación:

    A limpeza e desinfección das superfícies en contacto coas persoas ten que ser frecuente. A ventilación axeitada e periódica é un factor moi importante à hora de reducir o risco de contáxio en espazos fechados.
  • Redución do número de contactos:

    O número de participantes nas actividades de grupo da escola reduciu-se notabelmente, e cómpre respectar os itinerários de entrada e saída do edifício sinalados no chan.
58.33  %
Reducción
alumnos

Guia de boas prácticas sobre o COVID-19 na Escola da A.C. Trépia:


  • 1.
    É primordial a responsabilidade de cada un/ha de nós, tendo como primeira norma a própia decisión de non acudir às aulas no caso de termos algun síntoma que puidese estar relacionado coa Covid-19.
  • 2.
    Tentar respectar os horários de entrada e saída às aulas, asi como os itinerários marcados: Accederemos aos andares superiores do edifício pola escaleira do lado esquerdo (dende a entrada), reservando a outra para a saída. No momento da entrada à aula, agardaremos a que saian as persoas da quenda anterior, mantendo a distáncia de seguridade, e preferentemente evitando a zona comun de cada andar (é dicir, que agardaremos para entrar facendo unha fila nas própias escaleiras). Non se recomenda, con carácter xeral, o uso do ascensor.
  • 3.
    Tanto nas zonas comuns como nas aulas, evitaremos tocar o mobiliário (varandas e outros elementos). Ao rematar a nosa quenda de aula, é importante que colaboremos desinfectando con xel hidroalcólico (que estará dispoñíbel na aula) a cadeira e outros elementos que empreguemos. Entre quendas, deixarán-se 5-10 minutos para ventilar a sala, e a/o profesor/a desinfectará todos os elementos comuns que fosen empregados.
  • 4.
    Ao entrar e ao sair da aula, limparemos as mans con xel hidroalcólico.
  • 5.
    Para entrar e sair do edifício, asi como para asistir às aulas, é obrigatório o uso de máscara. Nas aulas de canto permitirá-se o uso de pantalla de protección (se non tedes, consultade ao/à profesor/a). A pantalla debe-se colocar antes de retirar a máscara.
  • 6.
    No caso dos instrumentos de vento, alumna/o e profesor/a sempre tocarán nunha posición na que non se produza unha exposición directa de cara aos instrumentos.

Se tes dúbidas, ponte en contacto connosco, estaremos encantadas de te atender.