Danza contemporánea e improvisación
33
sesións
90min
Tempo
-
Luns
-
18:00 a 19:30
-
25 € mes
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.
Método
Será o obxectivo deste curso brindar os coñecementos básicos correspondentes ás distintas técnicas que conforman a danza contemporánea desde os seus inicios: expresionismo (Isadora Duncan), Graham, Müller, Release, Fly Low e Contac.
Trataranse os principios de cada técnica, desde a danza moderna á contemporánea, á vez que se iniciará en nocións de tempo e espazo para o futuro dominio do espazo escénico e o corpo como medio de expresión que adquire unha nova linguaxe coa que poderá atopar as súas propias emocións a través da danza.
Obxectivos específicos:
Nocións de danza moderna:
Técnica Graham
- Exercicios de Martha Graham empregando o chan como base preparatoria para a actividade de pé: traballo de espalda, contraccións e respiración, coordinación de extremidades, nocións de tempo.
- Exercicios de Marta Graham de pé: saltos, equilibrios e contraccións.
- Técnica Müller
- Conciencia do tempo a través da respiración.
- Exercicios de pé, curvas e disociación.
- Traslados no espazo.
Aproximación á Danza Contemporánea:
Técnica Release
-
- Principios de relaxación e peso corporal.
Técnica Fly low
-
- Chegada e saída do chan, saltos.
-
- Velocidades.
-
- Contac
-
- Conciencia do propio peso con e sen o compañeiro/-a.
-
- Traballo en grupo.
-
- Bases de improvisación para a comunicación corporal.
Clase dividida en 3 partes:
-
- Quecemento (exercicios destinados a preparar o corpo para a actividade).
-
- Desenvolvemento:
- Primeiras 2 clases: traballos de respiración, ritmo e improvisación (expresionismo)
- 3ª a 6ª clase: exercicios técnica Graham
- 7ª a 10ª clase: exercicios de técnica Müller
- 11ª a 16ª clase: exercicios de técnicas mixtas. Release, Fly Low e Contac
-
- Final (exercicios de relaxación)
*Ofreceranse referencias bibliográficas sobre a evolución da danza contemporánea en Europa
Traballo Final:
Realización dunha montaxe coreográfica cos distintos elementos estudados, na cal se incluirán as diversas técnicas mixtas, de xeito que o alumno poida incorporar a consciencia escénica e ver os froitas da aprendizaxe.
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
CALENDÁRIO
- AULAS LUNS:
- 30 setembro;
- 7, 14, 21 e 28 de outubro;
- 4, 11, 18 e 25 de novembro;
- 2, 9 e 16 de decembro;
- 13, 20 e 27 de xaneiro;
- 3, 10, 17 e 24 de febreiro;
- 10, 17, 24 e 31 de marzo;
- 7, 21 e 28 de abril;
- 5, 12, 19 e 26 de maio;
- 2, 9 e 16 de xuño.