Matrícula Pechada
Fín de matrícula:

Aberta 2º prazo

29
sesións
90
Min
0
Prazas

Canto, pandeiro e outras percusións

  • Método

    Toda vez que o pandeiro cadrado é un instrumento que acompaña às pandeiretas de xeito individual (quer dicir, que agás excepcións, non existe unha formación tradicional de tocadores/as de pandeiro cadrado), esta é unha aula adaptada cun funcionamento semellante ao dunha aula grupal de pandeireta e canto tradicional.
    Neste curso o alumnado afondará nas diferentes técnicas para o pandeiro cadrado, aprendendo de xeito grupal repertório adaptado a este novo tipo de formación.

    Dun xeito semellante, o alumnado aprenderá tamén os ritmos tradicionais noutros instrumentos de percusión, asi como técnica vocal adaptada ao canto tradicional.

    • O máximo de alumnas/os nesta aula é de 7 persoas.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

     

    • 6, 13, 20 e 27 de outubro;
    • 3, 10, 17, e 24 de novembro;
    • 1, 15 e 22 de decembro;
    • 12, 19 e 26 de xaneiro;
    • 2, 9 e 23 de febreiro;
    • 2, 9, 16 e 23 de marzo;
    • 6, 13, 20 e 27 de abril;
    • 4, 11, 18 e 25 de maio.

     

  • Instruccións e funcionamento

    ESTE GRUPO ESTÁ COMPLETO

    Ten en conta que, de continuares coa inscrición, pasarás à listaxe de agarda

    Alumnado doutros anos:

    Se continuas a tua formación promocionando do curso anterior, será suficiente con que cubras o formulário de inscrición que atoparás nesta mesma páxina.
    IMPORTANTE: Se por calquer motivo tes que cancelar a tua inscrición, poderás facé-lo ATÉ O 20 DE SETEMBRO DE 2020, no FORMULÁRIO DE SOLICITUDE DE BAIXA. Despois desa data, terás que abonar igualmente o importe do primeiro mes e proceder a continuación a dar-te de baixa, que se fará efectiva no mes seguinte ao da recepción da solicitude. Este método de baixa está habilitado durante todo o curso.

     Alumnado de nova inscrición:

    Ademais de cubrir tamén o formulário de inscrición, tes que completar os seguintes pasos:
     
    1. Ingresar a cuota de sóci@ da A.C. Trépia no número de conta que recibirás unha vez completes a inscrición.

    2. Enviar o xustificante de pagamento ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    3. Unha vez confirmemos o teu pagamento, a asociación porá-se en contacto contigo para finalizar o preceso de matrícula.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: Aberta 2º prazo
Folla de matrícula
Canto, pandeiro e outras percusións

Inscricións Canto, pandeiro e outras percusións
2º prazo de matrícula. Escola A.C. Trépia CURSO 2020-21

NOTA: Este grupo está completo (15/09/20). De continuares a inscrición, ten en conta que pasarás à listaxe de agarda e serás convocada/o unicamente se quedan prazas vacantes libres.

Email
Nome / apelidos
Solicito a inscrición na aula de:
Precisas renovar algunha información da ficha de sóci@ (datos bancários ou calquer outros)?

(Marca só se é necesário. A secretaria da Asociación porá-se en contacto contigo para efectuar os cámbios)