Sonsoles Penadique

Sonsoles Penadique

  • Acordeón diatónico
  • Direccción da Escola A.C. Trépia

Licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música e Patrimonio Artístico e Especialista en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Educación Musical pola Universidade de Vigo, realicei estudos de linguaxe musical, técnica vogal, coral e harmonía moderna na Escola Estudio de Santiago de Compostela .

Dende cativa estiven moi vencellada á música tradicional como bailadora, cantareira e gaiteira asistindo a aulas con relevantes músicos e bailadores do panorama da música tradicional galega como: Ricardo Portela, Fernando Martínez, Serxio Cobos, Iván Costa, Pablo Carpintero, Chuco Estévez….
En 2009 comecei a estudar acordeón diatónico Xavier Blanco, Carlos Quintá e Pedro Pascual. Dende o 2013 ao 2016 estuda jazz no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade. No 2006 realicei labores de producción cultural na Asociación de Gaiteiros Galegos. Dende o 2008 traballei como pedagoga en para a Consellería de Educación, a Escola Municipal de Moraña como profesora de música en Educación Primaria, Secundaria e Conservatorios, Linguaxe Musical, Música e Movemento, Conxunto Instrumental, Canto, Gaita e Acordeón Diatónico. Na actualidade desenvolvo a miña labor pedagóxica a A.C. Traspés de Vigo, na A.C. Trépia de Pontevedra e na Asociación Amor Ruibal de Barro.

No plano artístico formei parte do proxecto de fusión de música galega con Jazz "Azul de Bueu". Na actualidade formo parte do dúo de narración oral e música "Rilo&Penadique" coa narradora Vero Rilo, e do dúo musical "Oradaladou" con Carlos Quintá.

Proxectos
nos que traballo:

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.