Pedro Fariñas

Pedro Fariñas

  • Músico e mestre de gaita

Título superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia.
Complementou os seus estudos cunha beca Erasmus no Royal Conservatoire of Glasgow (UK) estudando highlandpipe, guitarra e whistle.

É gañador de numerosos concursos de gaita solista tanto en Galicia como a nivel internacional como o Trophée Maccrimmon para Gaita no Festival Interceltique de Lorient 2011 (Francia), Concurso de gaiteiros solistas Concello de Vigo (2011), Memorial Manuel Dopazo (2010), Memorial Manuel Villanueva (2009), Premio HonorÌfico David Russel no Conservatorio Profesional de Música de Vigo (2006), entre outros.

No 2014 grava xunto a Fernando Barroso e Luis Peixoto un traballo discográfico chamado TRIM, que da nome a propia banda, co cal tocaron en festivais tan importantes como o Festival Interceltique de Lorient (Francia/2017), Rubrifolkum (Sant. Boi de Llobregat/2017), ou salas tan importantes como a GLOBAL Copenhagen de Dinamarca entre outras.
Con este disco, foron gañadores dos Premios Opinión da Música de Raíz co mellor álbum e a mellor canción (Capsicum Modum) no ano 2015.

Proxectos
nos que traballo:

Enlaces de interese

Escola Trépia: