Martiño Malleiro

Martiño Malleiro

  • Mestre de acordeón e clarinete

Nacín en Pontevedra no ano 1994. Comecei os meus estudos musicais no ámbito da música tradicional galega (gaita, tamboril e baile) con Luís Prego á idade de 4 anos. Pouco despóis recibín as primeiras nocións de solfexo e clarinete na Banda de Música Artística de Arcade. Estudei clarinete no Conservatorio Profesional de Pontevedra e no Conservatorio Superior de Vigo realizando dúas mobilidades Erasmus + no Conservatorio F.A. Bonporti de Trento (Italia) e no Conservatorio Guiseppe Martucci de Salerno (Italia). Estudei o Máster en Profesorado con especialización en música na Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolvín unha traxectoria profesional co Cuarteto Tetramorph que me levou a participar en varios festivais como o Festival Peregrinos Musicales 2015 de Santiago de Compostela ou o Aldebaran Music Festival 2016 no norte de Italia.
Durante o ano 2017 gañei varios premios con esta formación: primeiro premio no concurso I nuevi Talenti del Clarinetto”, premio Global Music Awards no concurso internacional Giovani Promesse, segundo premio no concurso internacional Premio Academia Giovani e premio absoluto no 16º concurso internacional Leopoldo Mugnone.

Luis Prego guiou os meus primeiros pasos na aprendizaxe do acordeón, instrumento que estudei de xeito non reglado e que emprego habitualmente en múltiples contextos profesionais; mais, predominantemente, na música tradicional galega.

Actualmente estudo Jazz no SPJ de Pontevedra e traballo na Banda de Música de Pontevedra. Estou interesado no estudo da producción musical e participo en proxectos musicais como Paraíso Canto, Nadia Vázquez Trío, Dúo Estraloque ou Yellow Zamburiña Records. Continúo formándome con grandes músicos do panorama galego e internacional como Abe Rábade, Victor Prieto, Roberto Comesaña ou David Krakauer.

Proxectos
nos que traballo:

Enlaces de interese

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.