Gabi Reboredo

Gabi Reboredo

  • Baile tradicional
  • Pandeiro cadrado e pandeireta

Gabi Reboredo comeza a súa andaina na A. C. Serandeir@s do Carballiño percorrendo canto serán había no sul da Galiza aló polo 2007 mentres se forma en baile, canto e percusión no Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" e máis na AOFT en Ourense.

Tamén en Compostela na ELMPG da Central Folque na modalidade de canto, onde participou na gravación de "Galiza" de Kepa Junquera e na orquestra De Cuellar Suite en Irlanda. É alumno na E-Trad dende o 2017 na especialidade de Acordeón Diatónico e asiste de xeito habitual a diferentes obradoiros intensivos de canto, percusión, danza e técnica vocal con multitude de mestras do país e doutras partes do mundo.

No 2016 forma parte do corpo de danza do Ethno Portugal, e no 2018, é membro na Schoolhouse Sessions Band en Escocía. Foi integrante de Bandas Folque como Ethno Trío e De Cor de Lousa e máis do grupo vocal Pink Roe. Tamén participou como letrista nos discos Rústica, Lobos e Caldo. Na actualidade presenta novo proxecto musical, Paraíso Canto.

É mestre de baile, canto e percusión en diferentes asociacións do sul do país.