Matrícula Pechada
Fín de matrícula:

Fechada en 2º prazo (completa)

29
sesións
90
Min
0
Prazas

Baile Tradicional Iniciación

  • Método

    Aula de iniciación ao baile tradicional.

    O alumnado introducirá-se nos pasos e estruturas básicas do baile tradicional (solto e agarrado) en sesións prácticas guiadas pola/o profesor/a. Mediante a repetición de exercícios, ao mesmo tempo, poderán-se ir aprendendo tamén as tipoloxías tradicionais existentes en diferentes zonas.

    • Cada aula terá un máximo de 12 alumn@s
    • A duración da sesión é de 90 min.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

     

    • 6, 13, 20 e 27 de outubro;
    • 3, 10, 17, e 24 de novembro;
    • 1, 15 e 22 de decembro;
    • 12, 19 e 26 de xaneiro;
    • 2, 9 e 23 de febreiro;
    • 2, 9, 16 e 23 de marzo;
    • 6, 13, 20 e 27 de abril;
    • 4, 11, 18 e 25 de maio.

     

  • Instruccións e funcionamento

    Nota: Este grupo está completo. Ten en conta que, de continuares coa inscrición, pasarás à listaxe de agarda e serás convocad@ unicamente se quedan prazas vacantes.

     

    Alumnado doutros anos:

    Se continuas a tua formación promocionando do curso anterior, será suficiente con que cubras o formulário de inscrición que atoparás nesta mesma páxina.
    IMPORTANTE: Se por calquer motivo tes que cancelar a tua inscrición, poderás facé-lo ATÉ O 20 DE SETEMBRO DE 2020, no FORMULÁRIO DE SOLICITUDE DE BAIXA. Despois desa data, terás que abonar igualmente o importe do primeiro mes e proceder a continuación a dar-te de baixa, que se fará efectiva no mes seguinte ao da recepción da solicitude. Este método de baixa está habilitado durante todo o curso.

     Alumnado de nova inscrición:

    Ademais de cubrir tamén o formulário de inscrición, tes que completar os seguintes pasos:
     
    1. Ingresar a cuota de sóci@ da A.C. Trépia no número de conta que recibirás unha vez completes a inscrición.

    2. Enviar o xustificante de pagamento ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    3. Unha vez confirmemos o teu pagamento, a asociación porá-se en contacto contigo para finalizar o preceso de matrícula.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: Fechada en 2º prazo (completa)
Folla de matrícula
Baile Tradicional Iniciación

Inscricións Baile Tradicional Iniciación
2º prazo de matrícula. Escola A.C. Trépia CURSO 2020-21

Nota: Este grupo está completo. Ten en conta que, de continuares coa inscrición, pasarás à listaxe de agarda e serás convocad@ unicamente se quedan prazas vacantes.

Email
Nome / apelidos
Solicito a miña inscrición na aula de:
Xa és sóci@ da A.C. Trépia?

En caso de non se-lo, deberás entregar a ficha de sóci@ cuberta para te matriculares na escola. A secretaría da Asociación porá-se en contacto contigo.