Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

Aberta 2º prazo

29
sesións
60
Min
4
Prazas

Acordeón Cromático

  • Método

    Queres aprender a tocar o acordeón ou mellorar as tuas habilidades con este instrumento?

    Neste curso facilitará-se a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomia interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado. Busca-se desta maneira que o énfase na técnica permaneza ligado (ou supeditado) à natureza creativa e comunicativa da arte musical.

    O repertório estará centrado na música Galega ainda que aberto a outras tradicións estilíticas. Terán-se en conta gustos musicais e o nivel de coñecemento do instrumento de cada alumn@ à hora de escoller e adaptar o repertório.
    • Desenvolver a escoita activa da paisaxe sonora perceptíbel polo o alumnado, sexa a través da escoita de interpretacións musicais, de gravacións sonoras ou do seu própio son mediante a interpretación de pezas, estudos ou exercícios técnicos co obxectivo de mellorar a comprensión do valor estético do son.
    • Interpretar, en correspondéncia co nivel do alumnado, pezas e arranxos baseados no repertório popular galego ou noutros estilos que susciten o interese do alumnado coa intención de dar a coñecer as posibilidades interpretativas do instrumento e identificar trazos característicos de cada estilo musical.
    • Coñecer o rol do acordeón nos diversos contextos musicais, como instrumento solista ou acompañante, facendo fincapé na importáncia da melodia, a harmonia e o ritmo.
    • Desenvolver progresivamente a capacidade de memória e a capacidade de lectura da notación musical.
    • Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
    • A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
    • O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

     

    • 7, 14, 21 e 28 de outubro;
    • 4, 11, 18, e 25 de novembro;
    • 2, 9 e 16 de decembro;
    • 13, 20 e 27 de xaneiro;
    • 3, 10 e 24 de febreiro;
    • 3, 10, 17 e 24 de marzo;
    • 7, 14, 21 e 28 de abril;
    • 5, 12, 19 e 26 de maio.

     

  • Instruccións e funcionamento

    Alumnado doutros anos:

    Se continuas a tua formación promocionando do curso anterior, será suficiente con que cubras o formulário de inscrición que atoparás nesta mesma páxina.
    IMPORTANTE: Se por calquer motivo tes que cancelar a tua inscrición, poderás facé-lo ATÉ O 20 DE SETEMBRO DE 2020, no FORMULÁRIO DE SOLICITUDE DE BAIXA. Despois desa data, terás que abonar igualmente o importe do primeiro mes e proceder a continuación a dar-te de baixa, que se fará efectiva no mes seguinte ao da recepción da solicitude. Este método de baixa está habilitado durante todo o curso.

     Alumnado de nova inscrición:

    Ademais de cubrir tamén o formulário de inscrición, tes que completar os seguintes pasos:
     
    1. Ingresar a cuota de sóci@ da A.C. Trépia no número de conta que recibirás unha vez completes a inscrición.

    2. Enviar o xustificante de pagamento ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    3. Unha vez confirmemos o teu pagamento, a asociación porá-se en contacto contigo para finalizar o preceso de matrícula.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: Aberta 2º prazo
Folla de matrícula
Acordeón Cromático

Inscricións Acordeón Cromático (quendas)
2º prazo de matrícula. Escola A.C. Trépia CURSO 2020-21

Email
Nome / apelidos
Información sobre as aulas de quendas:

Por mor da situación sanitária reduciu-se o rátio por quenda a 2 persoas. Existen duas modalidades para as aulas de quendas: sesión conxunta (2 persoas) de 60 min. ou sesión individual de 30 min. A/o profesor/a pode propoñer ao/à alumno/a mudar puntualmente a modalidade en función das necesidades de aprendizaxe.

Solicito a inscrición na aula:

Ten en conta que a/o profesor/a organizará os agrupamentos das quendas unha vez finalice o prazo de inscrición. Marca o horário da tua preferéncia:

Precisas renovar algunha información da ficha de sóci@ (datos bancários ou calquer outros)?

(Marca só se é necesário. A secretaria da Asociación porá-se en contacto contigo para efectuar os cámbios)