Skip to main content
Vento

Vento

  • Acordeón cromático de teclas

Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

30 setembro

31
sesións
60
Min
4
Prazas

Acordeón cromático

  • Método

    Queres aprender a tocar o acordeón ou mellorar as tuas habilidades con este instrumento?

    Neste curso facilitará-se a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomia interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado. Busca-se desta maneira que o énfase na técnica permaneza ligado (ou supeditado) à natureza creativa e comunicativa da arte musical.

    O repertório estará centrado na música Galega ainda que aberto a outras tradicións estilíticas. Terán-se en conta gustos musicais e o nivel de coñecemento do instrumento de cada alumn@ à hora de escoller e adaptar o repertório.
    • Desenvolver a escoita activa da paisaxe sonora perceptíbel polo o alumnado, sexa a través da escoita de interpretacións musicais, de gravacións sonoras ou do seu própio son mediante a interpretación de pezas, estudos ou exercícios técnicos co obxectivo de mellorar a comprensión do valor estético do son.
    • Interpretar, en correspondéncia co nivel do alumnado, pezas e arranxos baseados no repertório popular galego ou noutros estilos que susciten o interese do alumnado coa intención de dar a coñecer as posibilidades interpretativas do instrumento e identificar trazos característicos de cada estilo musical.
    • Coñecer o rol do acordeón nos diversos contextos musicais, como instrumento solista ou acompañante, facendo fincapé na importáncia da melodia, a harmonia e o ritmo.
    • Desenvolver progresivamente a capacidade de memória e a capacidade de lectura da notación musical.
    • Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
    • A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
    • O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS XOVES:
    • 5, 19 e 26 de outubro;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro;
    • 14 e 21 de decembro;
    • 11, 18 e 25 de xaneiro;
    • 1, 8, 15, 22 e 29 de febreiro;
    • 7, 14 e 21 de marzo;
    • 4, 11, 18 e 25 de abril;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de maio;

     

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 30 setembro
Folla de matrícula
Acordeón cromático