Skip to main content

3ª fase Asturies

ENCONTROS COAS CULTURAS TRADICIONAIS PENINSULARES

2ª edición dos encontros... na 3ª fase.

Nesta ocasión visitan-nos Ramsés Ilesies Fernández, Paulino Santirso e María Vázquez. Apresentarán-nos repertório de cantares e bailes de Asturies (zona centro, oriente e occidente)

Nadal dos brinquedos

Nadal dos Brinquedos

Agora que se achega o tempo de pedir os aghinaldos, deixamos-vos este temiña que @s peques da escola tiñan preparado para a Festa da Xiada, adaptando unha melodia do cancioneiro de Dorothé Schubarth que foi recollida en Pereda de Candin. Adaptamos a letra e puxemos as mellores galas de rancho de reis. De novo, traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!.
Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!

Mil grazas! Virán máis, estade atentas!

FELIZ ANO NOVO