Skip to main content

Presentación SÜAN

Presentación de Süan

A Asociación Cultural Trépia presentará este xoves 28 ás 20.30 horas na Casa da Luz o seu último traballo discográfico, que leva por título 'Suán'. Trátase dunha obra na que se combinan pezas do repertorio tradicional do sur de Galicia, despois da súa procura en arquivos e cancioneiros históricos, con composicións propias que simbolizan estilos clásicos destas zonas.

Trépia busca con esta fórmula de traballo unha música senlleira e adaptar as pezas tradicionais ao estilo contemporáneo en busca de novas iniciativas sonoras en Galicia. Desta forma, nos diferentes temas poden escoitarse violíns, acordóns diatónicos, gaitas e harmas mesturadas con programación de base electrónica e percusión enérxica.

Profesorado e alumnado da escola Trépia participa neste traballo en colaboración con compoñentes de outras agrupacións baixo a produción artística de Xandre Outeiro. O CD está á venda na páxina web da Asociación Cultural Trépia.

A Asociación Cultura Trépia realiza actividades como a Aña Urbana, con cantares e danzas relacionados co traballo do campo, ou os cantares e danzas de Nadal e Reis, ademais de cursos monográficos, charlas e conferencias en relación coa cultura tradicional de Galicia.

Fonte: PontevedraViva.com

Foto: Pedro Meilán