Logo duns anos de parón motivados pola pandémia, estamos de volta na cidade! Durante este tempo, A A.C. Trépia estivo moi activa, asi e todo: axeitando e abrindo o noso novo local, adaptando a escola para podermos facer aulas on-line cando foi necesário, maquinando novos eventos e actividades...
Foron tempos intensos, que nos mantiveron ben ocupad@s, mais xa tiñamos gaña de voltar às ruas e prazas de Pontevedra a dar-lle aos leghóns!
Convidamos-vos, pois, a esta nova edición da Aña Urbana, aínda que xa sabedes que no primeiro de abril van os burros onde non deben ir... Non é brincadeira, crede-nos, neste caso pagará a pena!
Coma sempre, se tedes un grupo e queredes participar, máis abaixo tedes unha ligazón para o facer.
O pasado 27 de decembro estreamos o grupo de pandereteir@s da A.C. Trépia, co nome "Rexubeiras", nun concerto no novo centro social En Pé!, de Pontevedra. Todo un éxito!
O vindeiro 15 de setembro será o comezo oficial das aulas na escola da A.C. Trépia. A partires de entón incorporaremos novas aulas nun curso cheo de novidades.
As aulas infantis (Programa Tátara-Tátara) comezarán na primeira semana de outubro, xunto coas aulas do itinerário "Leirados" (aulas individualizadas de instrumento en grupos reducidos)
Xa está aberta a convocatória de matrículas para a escola Trépia. Podes solicitar mais información nos bloques de cada actividade, ou pre-inscribir-te directamente enviando un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Xa están aqui os cursos de verán da A.C. Trépia, que terán lugar durante o mes de xullo de 2015. Inscricións, máis información e horários en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..