Aña de Aboal

Aña de Aboal

A AÑA EN ABOAL

[...] os veciños de Aboal (Mondariz) botan a aña en dous cabeceiros: as que primeiro chegan á cima comezan a tocar nos legóns con pedras (as preferidas, pola sua dureza e forma, son os “seixos brancos”) e botan a ribeirana da aña (melodia, por certo, que adoita ser específica para este efecto; ou sexa, que non se canta en ningun outro contexto). Un home beilla co ramo de loureiro en alto, sacando a facer un punto a várias mulleres, de unha en unha, para rematar espetando o ramallo na terra. Despois bota-se o carro de bois a andar para labrar o resto da leira, mentres as mulleres camiñan tras del entonando o cantar da aña (tamén específico)[...] [...]En Aboal, adovia-se un ramallo de loureiro con cintas e lazos, froitos da tempada e rosquillas. Un mozo saca a bailar ás mozas, unha a unha, levando o ramallo nunha man no alto. Bota un punto do baile con cada moza para, ao final, espetar o ramallo na leira. Ao rematar, comeza o carro a andar, e as mozas camiñan detrás del entonando o “cantar da aña” –unha melodía de carácter moi melismático específica para ese día do ano-. O cantar da aña adoita-se botar nun ton alto e potente, empregando como recurso o “alteo” (octaveo da melodía). Poderiamos facer unha interpretación desta tradición como un verdadeiro rito de fertilidade da terra: o ramallo, transmisor da fertilidade das mozas que bailaron previamente, espeta-se na leira para lla transmitir á terra (“...era p’ra que houbera boa colleita...”)[...]
(EXTRACTOS DE "MANÜELE... DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL". XANDRE OUTEIRO EN EDICIÓNS INTERMITENTES, 2012)
Transcrición da entrevista a Marina Alfaia Soanes:
[...] Facía-se un ramo, e plantaba-se na veigha [...] i antón é cuando [...] as que viñan tocando no leghón [...] tocaban, com[a co]’a pandareta, arredor do ramo. [o ramo] era pa’ beilar arredor del. E aghora non é coma iantes, que levaba fresas desas qu’están nos matos; e levaba as zreixas, que xa había zreixas, que aghora no’as hai... e rosquillas, que despois comiamos todos nelas arredor do ramo. [...]acabas de botar a jota e a muiñeira, co leghón, antes de botar o carro a andar [...] O cantar é cuando terminas, que terminas de cantar, e de beilar, e bota o ghando a andar, e é [cando se] bota o cantar da iaña [...]

CANTAR DA AÑA DE ABOAL

midi

RIBEIRANA DA AÑA DE ABOAL

midi

XOTA DA AÑA DE ABOAL

midi

Aña Urbana 2014

Abrimos a convocatória para a Aña Urbana 2014, que será desta volta o sábado 26 de abril.

Aña Urbana 2016

Nova edición da aña urbana, este ano con máis actividades:

Aña Urbana 2017

Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta;

Aña Urbana 2023

AÑA URBANA

Edición 2023

Estamos de volta!

Logo duns anos de parón motivados pola pandémia, estamos de volta na cidade!
Durante este tempo, A A.C. Trépia estivo moi activa, asi e todo: axeitando e abrindo o noso novo local, adaptando a escola para podermos facer aulas on-line cando foi necesário, maquinando novos eventos e actividades...

Foron tempos intensos, que nos mantiveron ben ocupad@s, mais xa tiñamos gaña de voltar às ruas e prazas de Pontevedra a dar-lle aos leghóns!
Convidamos-vos, pois, a esta nova edición da Aña Urbana, aínda que xa sabedes que no primeiro de abril van os burros onde non deben ir... Non é brincadeira, crede-nos, neste caso pagará a pena!

Coma sempre, se tedes un grupo e queredes participar, máis abaixo tedes unha ligazón para o facer.

Sachos ao lombo!

Inscrición participantes

Faltan...


  • 11:00h. Apertura da carpa (praza do Concello)

  • 11:30h. Sorteo dos itinerários do roteiro (posto A.C. Trépia)

  • 12:00h. Roteiro dos grupos participantes polas ruas e prazas do centro histórico

  • 14:00h. Pausa xantar

  • 15:00h. Obradoiro de regueifa (con O Rabelo e Alba María)

  • 17:00h. Obradoiro toques de leghón (con Xandre Outeiro)

  • 17:30h. Obradoiro baile do ramo (con Álvaro Carballo)

  • 18:00h. Faladoiro (con Luis Prego)

  • 19:00h. Actuación Escola A.C. Trépia

  • 21:00h. CONCERTOS

  • ABRIL
    PAN_SEN_FRON

  • 23.00h.SERÁN (Micro aberto. Inscricións no momento)

  • 01:00h. Feche carpa

VII Aña urbana - 2018

Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta, e as adaptacións e recreacións propostas polos grupos participantes.