alcuentru

ALCUENTRU

trad- urbán

SÁBADU 25
MARZU DE 2023
Uviéu

Alcuentru é un evento que xorde da iniciativa do colectivo Les Pites (Uviéu) xunto ca A.C. Trépia (Pontevedra) como oportunidade para amosar todas as semellanzas e diferencias entre as músicas tradicionais de transmisión oral entre Galiza e Asturies cunha perspectiva actual.

o que vai acontecer

Obradoiros / Talleres

mañá/mañana
  • Baille Asturianu

    Avanzáu e Aniciu

    10:00 - 11:00 (avanzáu)
    11:10 - 12:10 (aniciu)
    no chigre cultural Lata de Zinc
  • Baile Galego

    Avanzado e Inicio

    12:20 - 13:20 (avanzado)
    13:30 - 14:30 (inicio)
    no chigre cultural Lata de Zinc
  • Pandeireta Galega

    Inicio e Avanzado

    10:00 - 11:00 (inicio)
    11:10 - 12:10 (avanzado)
    no local de Santi Galguera
  • Pandereta Asturiana

    Aniciu e Avanzáu

    12:20 - 13:20 (aniciu)
    13:30 - 14:30 (avanzáu)
    no local de Santi Galguera
tarde (na Lata de Zinc):

18:00h. Charra - Alderique (mesa redonda)

“Xeres nel baille tradicional d’anguañu”

Modera: Mariuka
Participan/Participen: Llorián García Flórez, Gabi Reboredo, Branca Albán

Concertos / Conciertos

21:00 – Abéu
22:00 – Maghúa
23:00 – Toma de Terra
00:00 – DJ Fañagüeta

Continue reading

  • Hits: 1421

Nadal en Trépia

Nadal en Trépia

Pois! Para despedirmos este ano raruno, velaí vai este primeiro experimento n'aCultural: un belén que nos montamos co profesorado e alumnado da escola Trépia, cos médios máis punkis que puidemos e poñendo os procesadoriños a mil por hora... :) Iso si, un temazo de "nadal-en-trépia" que tiñamos gardado da Festa da Xiada que non puido ser o ano pasado... Incríbel traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico -incondicional- de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!.
Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Este tema parte dun cantar de nadal recollido por Anaïs Barbier a veciñas de Soutelo de Montes, e para o que ela mesma fixo un arranxo de vozes bulgarófilas maravillosas. Completamos cunhas programacións e zanfonas de Xandre Outeiro, acompañamento de harpa de Rói Earan, e os aportes doutras seccións instrumentais da escola, e voilá!
Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!

Mil grazas! Virán máis, estade atentas!

FELIZ ANO NOVO

Continue reading

  • Hits: 3303

Nadal dos brinquedos

Nadal dos Brinquedos

Agora que se achega o tempo de pedir os aghinaldos, deixamos-vos este temiña que @s peques da escola tiñan preparado para a Festa da Xiada, adaptando unha melodia do cancioneiro de Dorothé Schubarth que foi recollida en Pereda de Candin. Adaptamos a letra e puxemos as mellores galas de rancho de reis. De novo, traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!.
Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!

Mil grazas! Virán máis, estade atentas!

FELIZ ANO NOVO

trépia,, Pontevedra, ciclo de nadal, aCultural

Continue reading

  • Hits: 2221

Percusión con Rui Pinho Aries

Monográficos

RUI PINHO AIRES

Efficiently promote sticky customer service via installed base resources. Appropriately underwhelm best-of-breed alignments without emerging deliverables.

Continue reading

  • Hits: 1925