Encontro da A.C. Trépia para cantar as xaneiras polos locais habituais do centro histórico de Pontevedra.
🗣 Logo dos ensaios convocados en aberto ao longo da semana, a comitiva percorreu diferentes locais do centro histórico da cidade para interpretar os cantares das xaneiras.
⏱ Desta volta a convocatória foi para o sábado, 12 de xaneiro, a partires das 21:00h.
👁🗨 As xaneiras pechan o ciclo de de nadal da nosa música tradicional, do que forman parte tamén os cantares de nadal, aninovo e reis, e as própias danzas de reis.