AULAS COMBO e XUNTANZA MUSICAL
DIRECCIÓN
33
sesións
60min
Tempo
-
Xoves
-
18:00 a 19:00
Instruccións para matrícula
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.
Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.
Obxectivos
Primarios:
- Aprender a interpretar arranxos de pezas musicais galegas en conxunto para comprender o sistema musical galego e as posibilidades artísticas que nos brinda.
- Adestrar-se na análise de pezas musicais para poder interpretá-las con comodidade.
- Comprender as sinérxias xeradas nos grupos musicais e adaptar asi a nosa conducta para poder levar a cabo as interpretacións máis fácil e satisfactoriamente.
- Ampliar o coñecemento acerca doutros instrumentos que teñen presenza en Trépia coa fin de afondar na tradición musical galega.
Secundários:
Ademais nesta materia incidiremos transversalmente en habilidades que non son só específicas desta materia, mais que son importantes para o desenvolvemento integral d@ alumn@ como músic@.
- Mellorar o tempo interno.
- Perfeccionar a entoación.
- Introducir ou perfeccionar a interpretación de partituras.
- Mellorar o adestramento auditivo.
- Afianzar a memória musical.
Metodoloxia
Para acadar estes obxectivos é necesario que @ alumn@ dispoña do instrumento escollido para cursar a matéria, que acuda regularmente ás aulas e que se comprometa na asisténcia às sesións de Conxunto.
- Aula de Conxunto Instrumental grupal (1 sesión semanal de 60 min., a maiores da sesión de aula regular do instrumento matriculado).
- O profesorado seleccionará durante o curso aos posíbeis asistentes de entre o alumnado da escola dos níveis máis solventes tecnicamente.
Calendário
AULAS XOVES:
- 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro;
- 6, 13, 20 e 27 de novembro;
- 4, 11 e 18 de decembro;
- 15, 22 e 29 de xaneiro;
- 5, 12, 19 e 26 de febreiro;
- 5, 12 e 26 de marzo;
- 9, 16, 23 e 30 de abril;
- 7, 14, 21 e 28 de maio;
- 4, 11 e 18 de xuño.
Localización
Localización provisional: