Brinquedos I de 3 a 5 anos
31
sesións
60min
Tempo
-
Mércores
-
17:00 a 18:00
-
30 € / mes
Como apuntar-se?
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.
CALENDÁRIO
- 7, 14, 21 e 28 de outubro
- 4, 11, 18 e 25 de novembro
- 2, 9 e 16 de decembro
- 13, 20 e 27 de xaneiro
- 3, 17 e 24 de febreiro
- 3, 10 e 17 de marzo
- 7, 14, 21 e 28 de abril
- 5, 12, 19 e 26 de maio
- 2, 9 e 16 de xuño
Máis info
Unha aula de expresión musical xeral, mais enfocada à introdución aos máis pequenos no repertório tradicional, a través do xogo e do coñecemento inicial dos ritmos e instrumentos tradicionais. @s pequen@s adquirirán unhas nocións básicas que lles permitan -a continuación- incorporar-se às aulas grupais ou de instrumento específico por quendas.
Expresión musical, de 3 a 5 anos
Para asistir ao programa Brinquedos non é necesario que o alumnado acuda con instrumentos pois a asociación dispón do instrumental necesario. Tampouco se require traballo extra fóra das horas lectivas.
O alumnado pode, ademais, participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como actuacións no magosto, reis, aña urbana, fin de curso, etc.; ou solicitar incorporar-se à aula COMBO.
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.